Unha embarcación rescata a dous piragüistas arrastrados pola corrente en Oleiros

1 minutes read

As dúas persoas practicaban piragüismo na praia de Santa Cristina, sendo rescatadas por unha embarcación de Salvamento Marítimo, sans e salvas, e trasladados ata o peirao de Oza.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso grazas á chamada dun particular que informaba de dous piragüistas estaban sendo arrastrados pola corrente, tras envorcarlles a embarcación.

Nada mais recibir o aviso, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, ademais, informaron á Garda Civil, á Policía Nacional, Local e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Tras ser rescatados, o persoal de Salvamento Marítimo confirmou, que os dous estaban en perfecto estado, polo que, non foi precisa a intervención dos servizos sanitarios.

Malia que a situación meteorolóxica non é a mais favorable e, polo tanto, desaconséllase todo tipo de actividade no mar, recoméndase extremar as precaucións para evitar calquera tipo de imprevisto.