Unha empresa do Porriño producirá para a UE a vacina contra a COVID-19 de Novavax

Vacina

O grupo Zendal, a través de Biofabri, con sede no Porriño, producirá para a multinacional estadounidense Novavax, on sede en Maryland, a elaboración industrial do antíxeno da súa vacina contra a COVID-19 na Unión Europea. Así o indica o acordo asinado polas dúas empresas. Deste xeito, Zendal convértese na primeira compañía biotecnolóxica española que entra no proceso de fabricación dunha das vacinas en que se traballa para combater o coronavirus. Biofabri está especializada no desenvolvemento de novas vacinas de humanos, entre outras, MTBVAC, a vacina contra a tuberculose, que actualmente está en fase 2 de ensaios clínicos.