Unha empresa galega podería conservar en boas condicións a vacina da covid-19


Isabel Talegón, responsable comercial Biorepos asegura que teñen “equipamento suficiente para almacenar a vacina, en cada un dos tres repositorios arredor de tres millons e medio de doses. Entre os tres poderiamos albergar dez millóns de doses neste momento xa”.
A empresa dispón dunha ducia de ultraconxeladores, pero tamén conta con insatalacións en Hernani e Madrid. Aseguran que poderían chegar a ter unha capacidade para conservar ata 30 millóns de unidades. A Organización Munidal da Saúde advertía estes días de que ningún país do mundo está preparado para a alamacenaxe das vacinas da covid-19 que se encontran na fase de ensaio clínico a unha temperatura de menos 80 graos.