7
O hotel Atlántico da Coruña quedou este sábado sen luz tras unha explosión que non deixou danos persoais, informan fontes do 112. O suceso produciuse ás 9:30 horas, cando se escoitou unha explosión na sala de caldeiras, nunha zona onde hai material eléctrico. Isto deixou todo o edificio sen luz e a varias persoas atrapadas nos ascensores, que foron liberadas posteriormente polos Bombeiros da Coruña, aínda que non se produciu ningún incendio como consecuencia da explosión, en principio ningunha persoa resultou ferida.