Unha exposición itinerante achegará este ano a figura de Xela Arias a 11 concellos galegos

1 minutes read

A mostra promovida polo Goberno galego está comisariada pola profesora e biógrafa de Xela Arias, María Xesús Nogueira, quen deseñou un proxecto composto por 10 paneis que, tal e como salientou o titular de Cultura, Román Rodríguez, durante a súa presentación, “fai un repaso por todas as vertentes profesionais da autora difundindo detalles da súa vida, obra e contexto histórico no que viviu”. Un total de 11 concellos serán os que contarán cunha visión “ampla e completa do enorme legado de Xela Arias, unha muller pioneira, moderna, transgresora, comprometida, feminista e precursora que rompeu moldes nas nosas letras cunha linguaxe poética urbana, vangardista e anovadora”, precisou Román Rodríguez.