A mostra componse de quince paneis nos que se repasa a vida e obra do autor, desde o seu nacemento o 30 de outubro de 1910 na rúa San Francisco de Ferrol Vello ata o súa morte en 1990. O seu paso pola Universidade de Santiago, onde cursou Filosofía e Letras e Dereito e chegou a ser o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega, o decisivo papel da súa esposa, María Silgar, na súa carreira; a forxa do galleguismo que impregna toda a súa traxectoria vital e intelectual; a súa amizade con Álvaro Cunqueiro e Francisco Fernández del Riego, os seus anos como docente no Colexio Fingoi de Lugo ou os seus estudos sobre a gramática e a literatura galega contemporánea son algúns dos aspectos tratados nos paneis que ocupan a Praza de Armas de Ferrol.
39