Unha falecida tras chocar contra un camión en Tordoia

1 minutes read

Unha muller perdeu a vida nun accidente de tráfico rexistrado este xoves en Tordoia, onde o coche que conducía chocou contra un camión. Atendendo á información divulgada polo 061 e o 112, o sinistro ocorreu preto de unha menos dez da tarde no quilómetro 10 da estrada DP-8401. O accidente levou a mobilizar un helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia, unha ambulancia asistencial e a persoal sanitario do centro de saúde de Tordoia, así como aos Bombeiros de Ordes, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Tordoia. Os servizos sanitarios trataron de reanimar á condutora do coche, que finalmente faleceu.