Unha festa infantil marcará o arranque da programación de verán de Zas

Este sábado o Concello de Zas prepara unha gran festa infantil á que están convidados todos os nenos e nenas do municipio e coa que lle queren dar o pistoletazo de saída á intensa programación de verán que teñen preparada para os meses de xullo e agosto. O Campo Municipal San Andrés e a Piscina Municipal de Zas serán os escenarios desta festa infantil que terá lugar entre as 16:00 e as 20:00 horas e na que haberá inchables, tobogáns acuáticos, festa da escuma, obradoiros e moitas máis actividades. Para desfrutar da piscina será necesario levar bañador e chanclas. Coma sempre, a entrada é de balde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha