Unha folga en Iberia complica a fin de semana a miles de viaxeiros


Témese que entre os atrasos e cancelacións poden verse afectados un milleiro de voos, xa que o persoal de terra de Iberia dá cobertura a outras 27 compañías. Entre elas Vueling, que xa anunciou a cancelación de máis dun centenar de voos. O Ministerio de Fomento español fixou uns servizos mínimos: do 100% dos voos con destino ás illas Baleares e as Canarias, do 32% nas conexións peninsulares e do 54% nos voos internacionais. Os sindicatos esixen a Iberia a contratación a tempo completo de 160 empregados que traballan a tempo parcial e a regulación doutros 400 traballadores.