Unha forte explosión nun almacén de pirotecnia sacode a capital do Líbano


Unha forte explosión sacudiu este martes a capital libanesa ás 17:00 horas. A cidade quedou cuberta por unha gran columna de fume de cor avermellada. Segundo informou a Axencia Nacional de Noticias (ANN), a explosión orixinouse nun almacén de pirotecnia do porto de Beirut. O incendio comezou preto dos silos de trigo do porto, nun almacén de explosivos, o cal provocou unha forte sacudida que puido sentirse tanto na cidade como nos suburbios. A poucas horas da explosión, a investigación preliminar do ministerio de Sanidade cifra o número feridos en 2.500 e contabiliza polo menos 27 falecidos. Aínda que aínda se descoñece o alcance da explosión, o ministro de Sanidade comunicaba que hai “moitas persoas feridas e cuantiosos danos materiais”.