Unha fuga de gas na Laracha pon en alerta aos veciños de Montesclaros

1 minutes read
  • O incidente produciuse este luns, cando uns obreiros romperon unha tubería de gas cunha minipala

Este pasado luns unha fuga de gas puxo en tensión aos veciños da urbanización Montesclaros, en A Laracha, sendo necesaria a intervención dos Bombeiros de Carballo. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais nin materiais.

A alerta ao 112 Galicia produciuse sobre as 13:00 horas, cando uns obreiros que estaban realizando unha excavación cunha minipala romperon unha tubería de gas a un metro de altura, deixando saír unha gran cantidade de combustible.

Unha vez pechadas as chaves de paso e quedando a zona ventilada sobre as 14:15 horas, os obreiros puideron volver ao seu traballo, á espera dos técnicos da empresa instaladora para realizar a reparación da avaría.

No operativo tamén participaron membros da Policía Local e de Protección Civil.