29
- Será preciso ter cita previa
A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores visitará A Laracha o xoves 10 de febreiro. Estará situada na praza Olonne sur Mer (explanada fronte á biblioteca municipal da Laracha e o IES Agra de Leborís) en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.
As persoas interesadas poden reservar cita previa na web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.