Unha lei garantirá a paridade no Consello de Ministros e nas candidaturas electorais

1 minutes read

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que o vindeiro martes o Consello de Ministros aprobará a tramitación da lei de Representación paritaria de mulleres e homes en órganos de decisión, entre eles o propio Consello de Ministros e os consellos de administración das grandes empresas. A norma garantirá tamén a composición paritaria nas candidaturas electorais -as chamadas ‘listas cremalleira’- así como nas xuntas de goberno dos consellos xerais e os colexios profesionais e nos xurados que outorgan premios ou recoñecementos públicos. “Haberá xente que lle pareza grave e mesmo absolutamente desproporcionado pero a nós parécenos simple e sinxelamente de xustiza”, afirmou Sánchez, quen realizou o anuncio nun acto do PSOE en Madrid para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?