Unha lei garantirá a paridade no Consello de Ministros e nas candidaturas electorais

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que o vindeiro martes o Consello de Ministros aprobará a tramitación da lei de Representación paritaria de mulleres e homes en órganos de decisión, entre eles o propio Consello de Ministros e os consellos de administración das grandes empresas. A norma garantirá tamén a composición paritaria nas candidaturas electorais -as chamadas ‘listas cremalleira’- así como nas xuntas de goberno dos consellos xerais e os colexios profesionais e nos xurados que outorgan premios ou recoñecementos públicos. «Haberá xente que lle pareza grave e mesmo absolutamente desproporcionado pero a nós parécenos simple e sinxelamente de xustiza», afirmou Sánchez, quen realizou o anuncio nun acto do PSOE en Madrid para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha