Unha madeireira chinesa busca eucalipto en Galicia

  • A firma Junwei fará envíos periódicos ao país asiático de ao redor de 1.000 toneladas por medio de contedores marítimos. O destinario final é a empresa madeireira Cheng Ji Wood, dedicada á produción de chapa, entre outras cuestións.

O eucalipto de maiores diámetros está a protagonizar o interese tanto da industria do papel como da madeireira. Se Ence anunciaba que primará a compra de plantacións que teñan polo menos un 10% de eucaliptos con diámetros maiores a 70 centímetros, unha empresa hispano- chinesa, Junwei SL, está a crear unha estrutura para exportar a China eucalipto de diámetros maiores a 60 centímetros. A firma Junwei anuncia que comprará eucalipto con diámetros maiores a 60 centímetros en toradas de 3,5 metros, permitíndose en cada árbore unha última torada dun mínimo de 2,85 metros.

Un dos responsables da empresa, Florencio González, sinala que xa chegou a un preacordo cun madeireiro de Asturias, que actuará como empresa de servizos nesa comunidade, e busca tamén posibles firmas colaboradoras en Galicia. O obxectivo de Junwei é fornecerse tanto a partir de empresas madeireiras da Cornixa Cantábrica como tamén de propietarios particulares, unha vez que teña unha estrutura suficiente. A firma sinala que está disposta a abonar “prezos lóxicos” e subliña que a competencia pola madeira será positiva para o mercado. O destino final da madeira será a empresa madeireira chinesa Cheng Ji Wood, dedicada á produción de chapa, entre outras cuestións. Junwei prevé facer envíos periódicos a China de 10-30 contedores marítimos, que se poderán cargar en distintos portos. O envío mínimo previsto achégase ás 500 toneladas, podendo chegar a superar as 1.400 toneladas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha