Unha manada de xabaríns invade a rúa da Ponte da Pedra en Carballo

0 minutes read

Preto das 9 da noite deste luns, segundo testigos presenciais, unha manada de varios xabaríns invadiu a rúa Ponte da Pedra de Carballo en dirección a rúa Antón Fraguas, un vehículo que circulaba dirección Malpica tivo que facer unha manobra evasiva, pero aínda así, un dos animais impactou contra a defensa do coche producíndolle algúns desperfectos. A condutora do turismo resultou ilesa. Ao punto acudiu unha patrulla policial que instruíu as correspondentes dilixencias.