Unha masa de aire africano abrasa España


Abrasadoras temperaturas na fin de semana de máis calor ata o de agora en España. Este domingo moitos puntos do territorio situáronse entre os 41 e 44 graos centígrados e prevese que nalgunhas zonas se alcancen os 47. Só o norte do país están a librarse da canícula. O martes as temperaturas empezarán a remitir segundo as previsións. Ao fenómeno non se lle denomina onda de calor ao non ter unha duración de máis de tres días. A causa desta situación é a entrada o pasado venres dunha masa de aire quente africano. As autoridades piden precaución e aconsellan a hidratación ademais de evitar actividades ao aire libre.