Unha menor resultou ferida a causa dun accidente de tráfico en Arteixo

Imaxe dunha ambulancia 061

O suceso tivo lugar tras saírse da vía o vehículo no que viaxaba pola estrada de Uxes, en Arteixo.

Como consecuencia do impacto, a cativa tivo que ser evacuada ao centro hosptalario de referencia, aínda que estivo en todo momento liberada e accesible.

Foi a chamada dun particular ao 112 Galicia cando pasaban apenas uns minutos das once da noite do sábado o que permitiu activar un operativo para atención da menor que sufriu lesións de diversa consideración. En concreto, o coche no que viaxaba pola Travesa Monte das Arcas saíuse da vía, aínda que todos os ocupantes estaban liberados e accesibles.

Deste xeito, desde o Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia pediuse a colaboración dos profesionais sanitarios, así como dos axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil da localidade. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha