46
O suceso ocorreu a primeira hora da tarde deste sábado nun recinto de xogos situado fronte a Casa Consistorial da localidade, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda urxente. Así, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitou a intervención dos Bombeiros de Sada debido á difícil situación na que quedou a cativa cun dedo seccionado e atrapado no mecanismo de movemento do aparello.
Neste operativo, tamén colaboraron os axentes da Policía Local, que, á súa chegada ao lugar do accidente, expuxeron as necesidades para asistir á menor.