Unha moza de 17 anos falta en Vigo dende o xoves

Buscan en Vigo unha moza de 17 anos que falta do centro onde residía desde o pasado xoves pola mañá. A familia da menor, que ten unha minusvalía e está a tratamento psiquiátrico, asegura que podería atoparse pola zona de Nigrán. Perdéuselle a pista en Vigo, cando saiu para acudir a academia onde estudaba e xa non regresou. Os seus achegados piden a quen puidera vela que se poña en contacto coa Garda Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha