Unha muller acaba coas mans queimadas ao producirse un incendio na súa cociña en Abegondo

  • O suceso aconteceu pasadas as dúas da tarde deste luns no lugar da Fraga

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a unha veciña de Abegondo que sufriu queimaduras nas mans a causa dun incendio na súa cociña, no domicilio situado no lugar da Fraga, en Abegondo. A afectada foi evacuada ao Complexo Hospitalario da Coruña para ser atendida das lesións provocadas por un lume que comezou na campá extractora.

Faltaban apenas uns minutos para as dúas desta tarde cando os afectados chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda debido a un incendio na súa cociña. Aínda que nun primeiro momento aseguraban que ninguén estaba ferido, finalmente deberon acudir os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender á dona da casa, que presentaba queimaduras nas mans.

En canto ao incendio, foron os Bombeiros de Betanzos quen fixeron fronte ás chamas, que danaron a campá extractora e algún moble do redor. Nestas tarefas contaron coa colaboración dos membros de Protección Civil da vila e tamén co apoio dos axentes da Policía Local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha