52
- Sucedeu preto das dúas da tarde na confluencia entre a Rúa Real e Eduardo Pondal
ACTUALIZACIÓN.
Un octoxenario, veciño da aldea muxiá de Sorna, foi atropelado no núcleo urbano da localidade preto das dúas da tarde deste mércores. O suceso tivo lugar na confluencia entre a Rúa Real e Eduardo Pondal.
Segundo informan desde Protección Civil de Muxía, o vehículo da vítima quedara sen batería e, cando a súa muller acudiu ao lugar noutro turismo, atropelouno por causas que aínda se descoñecen.
O home foi atendido no lugar dos feitos por efectivos de emerxencias e persoal do centro de saúde da localidade ata a chegada do 061. Posteriormente foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Ata o lugar dos feitos acudiron tamén efectivos da Policía Local e Garda Civil.