40
Unha veciña da parroquia carballesa de Bértoa resultou ferida de consideración tras desplomarse en plena rúa na entrada de Carballo. O suceso acontecía minutos despois das seis da tarde deste mércores á altura do semáforo peonil ubicado na intersección da AC-552 coa Avda. Abetos. A muller, de avanzada idade, perdeu o equilibrio, presuntamente por un desmaio, caeu ao chan e levou un forte golpe na cabeza, por donde ademais perdía abundante sangue. Dada a voz de alarma ao lugar acudía unha ambulancia do 061 con persoal asistencial que lle prestou os primeiros auxilios e posteriormente foi evacuada do lugar para ser valorada e atendida en profundidade no hospital.