39
En Pontevedra a Garda Civil inmobilizou unha muller que circulaba pola AP-9 montada no seu patinete eléctrico. Foi unha parella de axentes, que viaxaban na mañá deste domingo en moto pola autoestrada, a que viu como esta veciña de Pontevedra, de 36 anos, accedía á vía pola incorporación de Lourido montada no seu patín. Cruzou a autoestrada, saltou a mediana e dispúxose a circular en dirección norte. En canto puideron, os axentes déronlle o alto e chamaron outra patrulla para que transportara a infractora e o seu patinete fóra da AP-9. A muller enfróntase a unha sanción administrativa.