38
Unha muller e un neno resultaron feridos na tarde deste sábado ao saírse da vía e bater contra unha casa o turismo no que circulaban en Sada. Segundo puido saber o 112 Galicia, as dúas vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro médico.
O sinistro produciuse no lugar de Seixeda, no punto quilométrico 4,700 da DP-5813, ao fío das 13:30 horas.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do sinistro nese momento e, acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.