Unha muller excarcerada tras colidir contra a medianeira en Narón

1 minutes read

Ocorreu no quilómetro 4 da FE-11, á altura de Xubia, pouco antes da 1:30 horas da noite deste sábado, e a única ocupante foi liberada polos Bombeiros de Narón e atendida polo persoal sanitario. O tráfico permaneceu interrompido no punto durante os traballos dos servizos de emerxencias.

Un particular que circulaba polo lugar informaron ao 112 Galicia do ocorrido: un coche colidira contra a medianeira da FE-11, e a implicada perdía a consciencia por momentos.

Os Bombeiros fixeron uso do seu material de excarceración para retirala ao exterior, tralo que se encargaron da limpeza da vía. Pola súa banda, a ferida foi atendida polos servizos sanitarios, que se desprazaron ao lugar a bordo dunha ambulancia.

Ademais dos Bombeiros de Narón, neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Narón e os servizos de mantemento da estrada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?