40
Unha muller de 86 anos faleceu este venres en Celanova ao precipitarse o coche no que ía á rúa dende o garaxe dun edificio a unha altura equivalente a un terceiro piso.
A vítima, veciña da vila, quedou atrapada no interior do vehículo. Ata o lugar trasladáronse varias unidades de bombeiros así como o helicóptero medicalizado aínda que non se puido facer nada por salvarlle vida.
A Garda Civil investiga as circunstancias que motivaron o accidente. Polo momento non se sabe se a muller sufriu algunha indisposición antes do sinistro ou ben foi un erro o que provocou que o coche acabara atravesando a parede de ladrillo do garaxe e caendo á rúa.