Unha muller falece na Praia de Covas en Viveiro tras sufrir un esvaecemento na auga

Outros bañistas sacárona da auga sen que fose necesario o rescate. As persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda aseguraban que a muller caeu na auga despois de sufrir un esvaecemento. Posteriormente, entrou en parada cardiorrespiratoria e, malia os intentos do equipo sanitario, nada puido facerse por salvarlle a vida.

Todo aconteceu sobre as catro da tarde deste venres na Praia de Covas, en Viveiro. As primeiras comunicacións co 112 sinalaban a unha indisposición previa a caída da muller na auga. De feito, foi retirada á area polos propios bañistas sen que fose necesario o rescate.

Para este operativo, solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro e axentes da Policía Nacional. 

Related posts

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible

UCIN únese a que dimita Oscar Puente, pero tamén esixe a dimisión de Rueda ‘polo abandono da sanidade galega’