Unha muller faleceu en Cee tras ser sacada da auga na praia de Lires

1 minutes read

Ao fío das 15:30 horas deste martes, varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia da situación. Segundo indicaban, sacaran da auga a unha muller en apuros e engadían que estaba inconsciente. Axiña, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee. Ademais, informaron dos feitos a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios desprazados ao areal nada puideron facer por salvarlle a vida á muller, con raíces en Cee, residente en Francia e de 54 anos de idade.