Unha muller foi trasladada por inhalación de fume logo dun incendio no corredor dun edificio en Negreira

Os servizos sanitarios evacuárona ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago debido a este lume que queimou materiais acumulados no corredor do quinto andar. Un dos rochos viuse afectado polo fume.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia, pasados uns minutos das 8:30 horas deste mércores: saían lapas da zona dos rochos do edificio, situado na avenida de Vilachán. Algunhas persoas permanecían nos balcóns ao terse acumulado unha gran cantidade de fume.

Pouco despois das 9:30 horas, os bombeiros confirmaron que o fume estaba apagado e as instalacións ventiladas, mentres que os servizos sanitarios trasladaron unha muller ao centro hospitalario compostelán por inhalación de fume.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santa Comba, o GES de Brión, a Garda Civil e a Policía Local de Negreira.

Related posts

O Club Natación Cerceda presenta o III Trofeo de Salvamento e Socorrismo

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou as instalacións de Stolt Sea Farm en Lira

A Deputación da Coruña aproba o POS+Social 2026, que incrementa ata os 8 M€ o apoio aos servizos sociais municipais