Varios particulares se puxeron en contacto co 112 Galicia para informar de que estaban vendo saír fume pola fiestra dun edificio da Travesía Madalena, no Milladoiro.
Nese momento, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertouse aos Bombeiros de Boiro, aos membros do GES de Brión, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, ao descoñecer a posibilidade de que houbese persoas feridas, tamén se lle deu o aviso aos servizos sanitarios.
Unha vez sufocado o lume, os medios de extinción, desprazados ata o punto, confirmáronlle ao 112 que o incendio afectou á campá extractora da cociña e ao mobiliario próximo.
Finalmente, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 indicaron que tiveron que trasladar a unha muller por inhalación de fume, ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.