O 112 Galicia tivo coñecemento deste accidente uns dez minutos despois das 12:00 horas deste venres. Polo que indicou o alertador, producírase unha caída de moto en Luíntra, a carón dun polígono. A persoa implicada atopábase inconsciente.
Rapidamente, desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén se compartiu a información co GES do pereiro de Aguiar, coa Garda Civil de Tráfico e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Nogueira de Ramuín.
Logo da chegada dos servizos de emerxencia ata o lugar, nada puideron facer por salvarlle a vida á vítima.