Unha muller perde a vida tras saírse da vía co seu vehículo en Bergondo

1 minutes read

A condutora dun automóbil morreu tras bater contra a mediana da AP-9 á altura de Guísamo. Foron as testemuñas do suceso as que, ao fío das nove da mañá deste xoves, chamaron ao 112 para indicar que se acababa de producir un accidente na saída de Guísamo a Betanzos, sentido Ferrol, en Bergondo.

O 112 alertou a Urxencias Sanitarias e os Bombeiros de Betanzos porque había unha persoa atrapada. Nada mais chegar ao punto, os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da condutora.

Debido ao accidente producíronse retencións na autoestrada. Ata o lugar acudiron a Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e Mantemento de Estradas.