Unha muller perdeu a vida ao ser atropelada por un autobús en Vigo

0 minutes read

O accidente produciuse sobre as cinco da tarde deste martes na estrada do Freixo, nas inmediacións do cemiterio novo de Valadares. Investigan as circunstancias do accidente. A vítima  foi arrolada coas rodas traseiras  polo que non se descarta que pasara por detrás do autobús despois de apearse sen que a vira o condutor.  Os servizos de urxencias que acudiron ao lugar non puideron facer nada pola vida da muller.