- O sinistro produciuse na AC-418, á altura do punto quilométrico 15. A vítima, de 77 anos de idade, era natural de Cantabria e estaba de veraneo na vila.
Nada máis recibir a chamada do alertante, preto das 23:30 horas deste martes, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaron ao persoal sanitario, que decontado, desprazaron ao punto un equipo médico. Con todo, pese aos intentos de reanimación, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puido confirmar o seu falecemento.
Do mesmo xeito, puxéronse os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Bergantiños, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do GES de Ponteceso. Tamén, formaron parte do dispositivo os membros de Protección Civil da localidade, que prestaron a súa colaboración no operativo.
Unha vez restablecida a circulación, tras a recuperación das condicións de seguridade na vía, os servizos de emerxencia deron por rematada a súa intervención.