Unha muller perdeu a vida tras ser alcanzada por un tren na Coruña

1 minutes read

O atropelo produciuse a primeira hora da mañá deste domingo, pouco antes das sete. O maquinista do tren avisou ao 112 de que acababa de ocorrer o accidente á altura das Xubias de Abaixo, nunha zona por onde non se permite o paso de peóns.

Inmediatamente mobilizáronse os servizos sanitarios que só puideron confirmar a morte nas vías desta muller, que camiñaba acompañada doutra persoa. Ademais do 061 tamén foi mobilizada a Policía Nacional para iniciar a investigación, a Policía Local e o persoal de ADIF.

A circulación ferroviaria estivo interrompida entre O Burgo e A Coruña mentres os equipos de rescate traballaron no lugar.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?