Unha muller reclúese no seu piso de Carballo obsesionada con coller coronavirus

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Unha señora de avanzada idade que vive sola permaneceu preto de dúas semanas encerrada na súa casa pensando que todo o mundo ía morrer de coronavirus. Os feitos ocorreron na céntrica rúa Vázquez de Parga onde reside, un operario deu a voz de alarma á Garda Civil ao non poder contactar coa muller durante os varios días que levaba facendo traballos no edificio. A señora, tras acceder a benemérita á vivenda, foi trasladada ao hospital por unha ambulancia do 061.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha