Unha muller repele ao seu ex en Carballo agarrándoo polos ‘huevos’

1 minutes read

Unha presunta liorta nun piso da rúa Ourense de Carballo puxo en alerta aos veciños do edificio que deron a voz de alarma ás forzas da orde na noite deste sábado ao escoitarse ruídos, berros e golpes procedentes da vivenda. Tras a chegada da Garda Civil ao domicilio sinalado foron identificadas dúas persoas, un home e unha muller de mediana idade e de nacionalidade colombiana. Tras as pescudas dos axentes o home declaraba que fora “agarrado fortemente polos huevos” sen motivo aparente. Con todo a muller afirmaba que o home, co cal mantería unha relación anterior, tentara agredila, mostrando pegadas no rostro que poderían ser compatibles coa súa declaración. A Garda Civil instruíu as correspondentes dilixencias, a muller presentou denuncia polos feitos acontecidos e o home foi arrestado para a súa posta ao dispor xudicial.