- O suceso aconteceu sobre as 18:30 horas deste mércores na localidade de Vilar
Unha muller necesitou asistencia sanitaria no concello coruñés de Tordoia ao queimarse mentres facía unha fogueira na localidade de Vilar, na parroquia de Castenda da Torre.
Ás 18:30 horas, unha persoa particular solicitou ao 112 Galicia asistencia médica para a ferida, que presentaba queimaduras de diversa consideración. De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago.