Unha muller resulta ferida con queimaduras tras producirse un incendio en Moaña

  • O fume produciuse nunha vivenda na Avenida Concepción Arenal en Moaña, arredor das 12:00 da mañá

Unha muller resultou ferida con queimaduras tras producirse un incendio nunha casa na localidade pontevedresa de Moaña.

O 112 Galicia tivo constancia do lume pasados dez minutos das 12:00 horas, cando varias persoas alertaban de que saía fume do tellado dun edificio, situado na Avenida Concepción Arenal. Trátase dunha casa de dous andares e un local comercial no baixo e vivenda na parte superior.

Nada mais recibir a chamada dos alertantes, o 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que traballaron persoal sanitario, os Bombeiros do Morrazo e de Vigo, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Moaña e de Cangas.

Segundo a información recibida no 112 Galicia polos medios sanitarios, a muller foi trasladada polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha