Unha muller resultou ferida tras ser golpeada por unha furgoneta durante a feira na Milagrosa en Carballo

O suceso producíase minutos antes das dúas da tarde, cando unha furgoneta realizaba unha manobra na rúa Emilio González López, impactando contra unha muller de mediana idade que caía ao chan golpeándose na cabeza. Tras unha alerta ao 112 o punto foi enviada unha ambulancia que atendía á muller en primeira instancia e a conducía ao centro médico da vila para unha valoración en profundidade, aínda que en principio o seu estado non revestía gravidade. Ao lugar tamén acudía unha patrulla da Policía Local que levantaba o correspondente atestado do accidente. Os ángulos mortos da parte traseira da furgoneta puideron contribuir a que o seu condutor non se percatase da presenza da persoa golpeada.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar