Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

O suceso producíase sobre as once e media da mañá deste sábado á altura do número 212 da citada rúa, preto xa da intersección coa rúa Vázquez de Parga. A señora, de idade avanzada, camiñaba polo lugar e sen contar meteu un pé no buraco do tamaño dunha baldosa caendo ao chan, golpeándose nun costado e na cara. De inmediato, veciños do lugar deron a voz de alarma ao 112 que coordinou o envío dunha ambulancia que asistiu a muller no lugar. Aínda que en principio o seu estado non parecía revestir gravidade, foi evacuada do punto na propia ambulancia e trasladada ao centro médico da vila para realizarlle un chequeo a fondo por si puidese ter algún traumatismo interno. Tamén acudía unha patrulla da Policía Local que sinalizaba o buraco existente na acera para evitar futuros percances, así como levantaba a correspondente acta para que se proceda a reparar os desperfectos da beirarrúa o antes posible.

Related posts

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila

La asociación Vieiro dio a conocer el balance correspondiente al año 2025