Unha multitude lembrou a Pedro Luis Fernández Pombo en Carballo

1 minutes read

O auditorio do Pazo da Cultura de Carballo quedou pequeno na tarde deste sábado para acoller á multitude de amigos, familiares e coñecidos do desaparecido Pedro Luís Fernández Pombo, finado de forma repentina no mes de xaneiro de 2022. Pedro era avogado, pero ademais, boa persoa, amigo de todo o mundo, gaiteiro e activista social. Un repaso videográfico por varias etapas da súa vida lembraron a súa humildade, entrega e colaboración á que sempre estaba disposto, emocionando á maioría dos presentes no acto. Presentes tamén estiveron personal das formacións Boneca, Marea Baixa, Sonseis, Arume ou do coro Aires de Bergantiños, do que Pedro foi presidente, e que neste caso levou as rendas da organización deste evento.