Unha nena de tres anos faleceu na tarde deste luns na parroquia de Camos, en Nigrán, tras ser rescatada da auga nunha piscina dun domicilio privado. Ata o lugar do suceso acudiron os servicios de emerxencia que, pese aos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida e faleceu no lugar do accidente.
Segundo puido saberse, a nena fora a xogar a unha casa duns veciños en Camos. Nun momento dado, por circunstancias que se descoñecen, a menor acabou caéndose dentro da piscina, que estaba chea. Cando os adultos se déron conta, a nena xa tragara auga e asfixiouse, e os intentos por salvala resultaron inútiles. Tamén os que realizaron a continuación os especialistas en Urxencias tras activarse a alerta do 112 Galicia. Pouco despois das dez da noite fíxose o anuncio da morte, que conmocionou a toda a parroquia, dado que os seus pais son moi coñecidos na zona.