- Os seus pais atopárona pola mañá cando ían espertala para ir ao colexio.
A Garda Civil mantén aberta unha investigación para determinar as causas da morte dunha nena de sete anos de idade na localidade de Muimenta, no municipio lucense de Cospeito. Fontes próximas á investigación informaron de que o cadáver da menor foi atopado polos seus pais na súa propia cama, ao redor das oito da mañá, cando ían espertala para ir a colexio. Ao lugar desprazouse o xuíz de garda para proceder ao levantamento de cadáver, así como o forense e axentes da Garda Civil. Parece ser que non se apreciaron indicios de violencia, polo que a investigación está suxeita ao que determine a autopsia.