Unha nova oferta garantirá a conexión do alumnado de Camariñas co IES Terra de Soneira de Vimianzo

  • A medida responde ás necesidades trasladadas polas familias, que demandaban unha solución para facilitar a asistencia ao centro educativo.

A partir do próximo luns, 13 de outubro, crearase un novo servizo con saída de Camariñas ás 08,00 horas que, de luns a venres, fará parada no IES Terra de Soneira e continuará despois cara a Santiago de Compostela. Esta nova proposta unifica o que antes eran dous servizos separados, un con saída de Camariñas ás 08,25 só os luns e venres, e outro con saída de Vimianzo cara Santiago ás 09,05 os martes, mércores e xoves. Deste xeito, facilítase a mobilidade do alumnado cara o instituto, mantendo a conexión desta comarca coa capital galega.

Na volta, unifícanse tamén os servizos de Vimianzo e Camariñas. O autobús sairá de Santiago ás 13,00 horas e pasará polo IES Terra de Soneira ás 14,40, de xeito que o alumnado dispoña dun transporte axeitado para o regreso a Camariñas ao rematar a xornada lectiva.

A modificación supón integrar nun único servizo expedicións que ata agora se facían de xeito separado, optimizando a oferta e garantindo unha resposta máis axeitada ás necesidades reais do alumnado e das súas familias.

O oferta actualizada de servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web bus.gal.

Related posts

Malpica conmemora o 92 aniversario das Misións Pedagóxicas; exposición, teatro e magosto popular

Carballo pon en marcha ‘De landras a carballos’, con actividades infantís para participar en familia

Cee | Conferencia Manuel Gago – XII Edición Programa O Mes da Fundación