Unha nova serie de NETFLIX busca figurantes en Ourense

PIXABAY

  • O casting será este luns 14 no Hotel Francisco II

A produtora galega Vaca Net Tv, filial de VACA FILMS (responsable de «Quien a hierro mata»,»La sombra de la ley», «El desconocido», «Celda 211») procura figurantes e figurantes especiais para «El desorden que dejas», a nova serie de NETFLIX que se rodará en Galicia ó longo de este outono e inverno.

O proxecto precisa figurantes de tódalas idades, pero para este casting en concreto convócase, exclusivamente, a mozos e mozas da zona.

O casting será este luns 14 de outubro no Hotel Francisco II  en  OURENSE, con horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Os requisitos son sinxelos: ter entre 18 e 22 anos (ou parecelo), residir ou ter posibilidade de pernoctar na zona da provincia de Ourense ou arredores e ser extrovertido.

As persoas que cumplan estes requisitos pero non poidan asistir á convocatoria, poderán enviar os seus datos persoais (nome, idade, teléfono e cidade ou vila de residencia) acompañados de tres ou máis fotos ó seguinte mail: figuraciondesorden@gmail.com

A xente que xa teña asistido a algún dos castings que Vaca Films ven de facer na zona estas últimas semanas (Ourense, Celanova, Ribadavia, Xinzo, Vigo,
Carballiño) non precisa presentarse de novo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha