Unha nova unidade de elite investigará os incendios forestais na vindeira tempada

Arquivo.

O Pladiga 2021 contempla a creación dunha Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO). Estará formada por 15 membros da Escala de Axentes Ambientais e dependerá do director xeral de Defensa do Monte. Será unha unidade de elite, desvinculada dos labores de extinción, polo que poderá centrarse especificamente na investigación.

Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González, na reunión do Consello Forestal de Galicia, no que se avaliou o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais (Pladiga), como paso previo antes da definitiva aprobación deste documento polo Consello da Xunta.

O obxectivo xeral do Pladiga é reducir ao mínimo posible os danos ecolóxicos, económicos e sociais producidos polos incendios, dentro dos recursos dispoñibles. Contará coa incorporación de novas melloras tecnolóxicas en colaboración coa Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega), como son a implantación de novas funcionalidades para o cálculo dos custos de extinción, baseadas na aplicación de custos unitarios e tempo de traballo. Isto facilitará logo a reclamación dos gastos en procesos xudiciais contra incendiarios, segundo trasladou González.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha