Unha novilla de Zas vendida por seis mil euros


Cundis Miriam Hotline FIV ET , unha novilla de 14 meses da gandería Cunordam SC, de Zas, foi vendida este domingo na III Poxa de Elite de Gando Frisón celebrada en Curtis por 6.000 euros a dous mozos gandeiros de Rodeiro e Touro.

Finalmente saíron a poxa 17 animais procedentes de 8 das mellores ganderías por cualificación xenética de Galicia, con resultados positivos de asistencia de gandeiros, algúns chegados de Asturias, e económicos.

Foron vendidos 15 dos animais con prezos que oscilaron entre os 1.800 euros e os 6.000 euros. Esta foi a cantidade que alcanzou Cundis Miriam Hotline FIV ET, un animal moi equilibrado, con 4.087 puntos GICO e 10 xeracións MB/Excelente na súa pedigrí. Esta novilla leva consigo un contrato por 4 embrións e un de macho con Xenética Fontao.

Esta foi a poxa máis disputada, xa que o prezo de saída foron 2.100 euros. Tras ela, o segundo mellor prezo foi para outra tenreira, neste caso da gandería SAT A Campa, de Curtis. Trátase de Campa Imax 0338 Rede, unha loura con 4.233 puntos GICO, que chegou aos 4.600 euros. O terceiro posto foi para CAMPA SOLOMON MEGADEA, unha vaca primeriza que foi adquirida por 3.900 euros. Esta II Poxa de Elite de Gando Frisón foi organizada pola empresa galega Embriomarket S.L e polo Concello de Curtis co obxectivo de dar saída comercial á alta xenética que se está conseguindo nas ganderías de vacún de leite de Galicia.