Unha octoxenaria de Melide ferida grave ao ser atacada por dous cans

Dous cans atacaron unha muller de 89 anos e provocáronlle graves feridas. Foi trasladada ao hospital de Santiago e será operada nas vindeiras horas.A vitima volvía da feira cara á súa casa cando os cans que paseaba outra muller a atacaron. Eran dous cans de American Stanford. Mordérona na cabeza e deixáronlle feridas graves. Uns ciclistas acudiron ao lugar e auxiliaron a vitima xunto coa dona dos cans. A ferida é Mercedes Crespo Rodríguez. Os veciños, conscientes da gravidade das súas feridas, temen pola súa vida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha